Repaso á música galega con Canto Libre en el Auditorio de Vilagarcía
Por Redacción
Os artistas Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas ofrecerán o próximo sábado 13 de abril no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o concerto Canto Libre no que interpretan un amplo repertorio de temas galegos, latinoamericanos e da música lusa.
O repetorio tradicional galego en temas como Lela, que compuxo Castelao para a obra de teatro Os Vellos non deben namorarse e que se estreou en Bos Aires en 1941, ou Negra sombra que popularizou Luz Casal, e repertorio inédito como o tema Sostesme tí de impostación lírica e temática celta ou unha versión renovada do clásico de Rosalía de Castro Adeus ríos, adeus fontes.
O concerto comezará ás 9 da noite. O prezo das entradas é de 5 euros e pódense adquirir anticipadamente en servinova.