O actor pontevedrés Xurxo Cortázar presenta este venres a súa 'Desconexión' en sesión golfa
Por Anxo Lourido
Sexo, drogas, música, traballo, relixión, contaminación... son algúns dos temas que se recollen en 'Desconexión', a montaxe do actor pontevedrés Xurxo Cortázar que este venres 27 representará no Teatro Principal a partir das 23.59 horas dentro dos Venres Golfos do ciclo Ponteatro.
A dramaturxia e a dirección do espectáculo é de Santiago Cortegoso, integrante de Ibuprofeno Teatro. A obra foi estreada en febreiro de 2017 no Salón Teatro de Santiago de Compostela e foi representada en diferentes puntos de Galicia.
O argumento deste monólogo, de 65 minutos de duración, vira ao redor do individuo 299/1973 FK3, que vive conectado a un semáforo regulando o paso dos peóns. Unha avaría no seu sistema provoca que o personaxe salga da súa gaiola e comece unha viaxe cara ao descoñecido.
'Desconexión' foi creado a partir do traballo creativo entre o director e o actor durante os ensaios que se realizaron no Pazo da Cultura de Pontevedra. A partir de improvisacións fóronse definindo as escenas para compoñer o texto definitivo deste espectáculo.
As entradas pódense adquirir de maneira anticipada a través de Ataquilla ao prezo de 8 euros ou unha hora antes da representación no despacho de billetes do Teatro Principal.
Relacionadas:
-
A historia do primeiro matrimonio lésbico en Galicia pon en pé ao público do Principal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Valle-Inclán tamén ten o seu sitio en Ponteatro
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Xurxo Cortázar, un espírito rockeiro sobre os escenarios
Por Marisa Ciordia |
-
O actor pontevedrés Xurxo Cortázar prepara no Pazo da Cultura a estrea mundial de 'Desconexión'
Por Anxo Lourido |