Valle-Inclán tamén ten o seu sitio en Ponteatro
Por Redacción & Mónica Patxot
O Teatro Principal acolleu este xoves a segunda xornada do ciclo Ponteatro 2017, na que o protagonista foi Valle-Inclán.
Producións Teatrais Excéntricas trouxo a Pontevedra unha das primeiras pezas en galego baseada na obra do dramaturgo, 'A cabeza do dragón'.
Baixo a dirección de Quico Cadaval e cun elenco de peso como Iván Marcos, Yelena Molina, María Costas, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto e Marcos Orsi, a montaxe convenceu e entretivo ao público pontevedrés.
'A cabeza do dragón' conta a historia do príncipe Verdermar, que foxe do seu reino por desobedecer o seu pai. No seu camiño chega ao reino de Micomicón, amenzado por un dragón e que reclama a vida da princesa.
Ademais da cita para o público xeral, que contou cunha boa entrada no Teatro Principal, en horario matinal puideron gozar do espectáculo escolares de centros educativos de Pontevedra, Cotobade ou Caldas de Reis.
Ponteatro 2017 continúa este venres coa súa primeira sesión golfa, que protagoniza 'Desconexión', de Xurxo Cortázar. A seguinte cita do ciclo será 'Elisa e Marcela', da Panadería, prevista para o xoves 9 de novembro.
Relacionadas:
-
Tres espectáculos de Ponteatro esgotaron todas as entradas á venda
Por Redacción |
-
'A canción do elefante' pecha o ciclo Ponteatro 2017 cun notable éxito de público
Por Mónica Patxot |
-
Ponteatro descobre a historia de 'A noiva de Don Quixote'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A historia do primeiro matrimonio lésbico en Galicia pon en pé ao público do Principal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Elisa e Marcela, a historia das primeiras mulleres que casaron en España, no ciclo Ponteatro
Por Alejandro Espiño |
-
O actor pontevedrés Xurxo Cortázar presenta este venres a súa 'Desconexión' en sesión golfa
Por Anxo Lourido |
-
As Marías compostelás conquistan o Teatro Principal de Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
Oito obras compoñen unha nova edición de Ponteatro
Por Diego Espiño |