Dous mil escolares descubrirán o Conservatorio de Música participando en concertos didácticos
Por Alejandro Espiño
O Conservatorio de Música Manuel Quiroga volve a abrir as súas portas, por segundo ano consecutivo, para organizar una serie de concertos didácticos destinados aos alumnos dos centros de ensino de Pontevedra e da súa comarca. Aínda que desta vez cunha novidade. En lugar de celebrar concertos en cada un dos colexios, serán os rapaces os que visiten este centro profesional de música.
ÿ una das actividades que o conservatorio organizou co gallo do seu 150 aniversario. O obxectivo é, segundo destacou o seu director, Luis Costa, "abrir o conservatorio á cidade". En total, serán uns 2.000 rapaces os que participen nunha iniciativa na que xa están inscritos centros como Álvarez Limeses, San Xosé, Sagrado Corazón, Campolongo, Fina Casalderrei, San Martiño, a escola infantil da Parda ou os CEIP de Bueu e Marín.
Trátase dun proxecto que se impartirá os días 24, 25 e 26 de abril nas instalacións do conservatorio e consistirán nun concerto moi dinámico e interactivo nos que se fará unha montaxe seguindo o guión da A frauta máxica de Mozart, en colaboración con Viravolta títeres e co acompañamento dun grupo de cámara de dez profesores do centro que farán unha selección de pezas desta obra.
Anxos Riveiro, concelleira de Cultura, destacou o grande éxito da pasada edición por iso o seu departamento volveu a apostar por este formato á hora de achegar a música ao público infantil. De feito, Luis Costa destacou que, nalgúns casos, iniciativas como esta serven para espertar nos rapaces o seu amor pola música e acaban cursando estudos no conservatorio.
Esta actividade únese a outra que comeza este mesmo martes e que pretende achegar o traballo que se realiza no conservatorio a todos os pontevedreses. Estamos falando do programa O conservatorio na rúa, no que alumnos e profesores do centro protagonizarán varios concertos en diferentes recunchos da cidade como a Praza da Verdura, a Praza do Teucro ou as Ruínas de Santo Domingo, co obxectivo de achegar o seu traballo á cidadanía. Serán cinco concertos entre o 9 e o 19 de abril.