As 'Ultranoites' da Sala NASA chegan, por partida doble, ao Pazo da Cultura de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Un formato de espectáculo diferente que naceu na xa pechada sala NASA (Santiago de Compostela) e que combina teatro, música, humor e baile nun ambiente distendido que permite ao público gozar das súas consumicións. ÿ o que propón o cabaret Ultranoite do Aquí que chegará a Pontevedra da man da compañía de teatro Chévere e por partida doble, os días 26 e 27 de abril, no Pazo da Cultura.
A "Ultranoite" é, segundo destacou Miguel de Lira, compoñente de Chévere, un formato que naceu hai xa preto de 21 anos na Sala NASA, e que ao pechar esta, se desprazou a Teo onde esta compañía de teatro ten a súa residencia habitual. "ÿ o noso sinal de identidade", explicou, "unha especie de cabaret colectivo no que participan máis de 15 persoas e que fai escarnio da actualidade".
Ao longo destes anos, nelas participaron entre outros Luis Tosar, Mofa e Befa, María Pujalte, Quico Cadaval e ata Vidal Bolaño, gran espectador das "Ultranoites" nas que chegou a amosar a súa faceta máis teatral, participando incluso en algún sketch. En homenaxe á súa figura, aos 10 anos da súa desaparición, deu en chamalo Ultranoite do Aquí en lembraza da compañía de Bolaño ("Teatro do Aquí").
Será un espectáculo que non só abarcará a realidade local senón de España e Europa "dende unha mirada cheveriana e nesta ocasión tamén bolañana, na que non deixamos títere con cabeza" di Miguel de Lira. "Aparecen desde a infanta Cristina, ou Feijóo con Marcial Dorado ata o mesmo Rei de España", explicaron os seus organizadores. E todo acompañados cunha banda de música en directo.
A xente se sorprende ao descubrir como "incorporamos datos da actualidade desa mesma tarde ao reescribir guións"
Patricia de Lorenzo, outra das compoñentes da compañía Chévere, destacou tamén ese aspecto do que a xente se sorprende ao descubrir como "incorporamos datos da actualidade desa mesma tarde ao reescribir guións, pero que pese a súa espontaneidade é froito do traballo de moitos anos, de horas de súar e escordarse (xa que tamén hai coreografías)."
"ÿ un produto galego por excelencia, nace de aquí, de nós", destacou Patricia de Lorenzo, quen coincidiu co seu compañeiro en sinalar que esta experiencia, pioneira en Pontevedra, conta cun formato inédito, variado e exitoso. "Se fóramos madrileños, dirían que é un espectáculo moi canalla, pero no noso caso e moito máis que iso", ironizou Miguel de Lira.
Será a primeira vez que se produce un espectáculo no vestíbulo do Pazo da Cultura, que se vai acondicionar para a ocasión. Permitirá que o público asistente, distribuído arredor de pequeñas mesas, goce do espectáculo ao tempo que "coma en todo cabaret que se precie, tome unha copa coa pandilla: un plan perfecto que convida a cruzar o río", animou o actor.
"ÿ a primeira vez que o facemos en Pontevedra, pero estou convencido de que non será a última", concluiu de Lira. En todo caso, agardando que esta aposta innovadora sexa todo un éxito, os seus organizadores porán á venda, a partir de mañá, 200 entradas por sesión. Poderanse mercar, a un prezo de 12 euros, a través de www.servinova.com, ou 10 euros para estudantes, parados e xubilados.