Dez grupos, dez tendas: promocionando o comercio local a través da música
Por Alejandro Espiño
Dez bandas, dez comercios locais. ÿ o que ofrece a iniciativa En efectivo... en directo. Desde este mércores 10 de abril ata o próximo xoves 18, unha decena de establecementos comerciais de Pontevedra acollerán actuacións das bandas, grupos e solistas máis rompedores e incipientes do panorama musical pontevedrés. O primeiro en facelo foi Bruno T. Ford, que gravou a súa actuación na Ferretería Varela.
Nunha iniciativa única e por primeira vez na provincia, os recursos artísticos e produtivos da cidade se alían para promocionar os recursos locais, nun evento no que se abrirá á cidade a posibilidade de gozar en directo cos artistas máis prometedores da escena musical pontevedresa e ver como se roda en directo un videoclip musical aproveitando as tendas máis emblemáticas da cidade.
Grazas á colaboración de estudantes das facultades de Ciencias Sociais, Comunicación Audiovisual, e Belas Artes da Universidade de Vigo, a experiencia será un magnífico desafío e oportunidade para demostrar o que a comunicación e a creatividade pode facer pola promoción da cidade.
Estes serán os puntos de encontro e os grupos que amosarán o seu saber facer en efectivo e en directo:
Mércores 10 de abril
18:00 horas na Ferretería Varela, grava Bruno T Ford
Xoves 11 de abril
12:00 horas no Ultramarinos A Montañesa, grava Tractor Troy
Venres 12 de abril
12:00 horas en Carnaby, grava Querido Extraño
18:00 horas na Farmacia J. Luis Dominguez Gómez, grava MLK
Sábado 13 de abril
12:00 horas na Mercería Ernesto Figueira, grava The Blind Crows
18:00 horas na tenda El Cisne, grava Que Desilusión
Luns 15 de abril
12:00 horas na Praza de Abastos, grava Perkuka
Martes 16 de abril
12:00 horas na Mercería Hogar, grava Gog y las hienas telepáticas
Mércores 17 de abril
12:00 horas na Droguería Moderna, Grava DaSilva e Fernández Dúo
Xoves 18 de abril
12:00 horas na Fábrica Vintage, grava Gonzalo Arca