A Banda de Música de Salcedo prepárase para a súa xornada máis especial
Por Redacción
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o vindeiro venres 17 de novembro o tradicional Concerto de Santa Icía, na honra á patroa do músicos, organizado pola Banda de Música de Salcedo.
Na cita a agrupación premiará a colaboración e fidelidade de entidades e persoas dará a benvida aos novos membros da banda.
No primeiro destes aspectos, os seus premios anuais, recaerán nesta ocasión no Concello de Pontevedra en canto a entidade despois de "máis de 20 anos" de colaboración, sinalou Víctor Cortizo, presidente da Asociación Cultural San Martiño de Salcedo.
Pola súa banda as persoas físicas que serán recoñecidas polo seu apoio e fidelidade son Eladio Fernández Sobral, socio da banda desde a súa fundación hai 29 anos, e a concelleira Pilar Comesaña, tamén socia e que "non falla nunca", explicou Cortizo.
Será doutra banda unha xornada especial porque "desde 2005 non subían subían tantos músicos" desde a agrupación xuvenil, explicou Víctor Cortizo, xa que o concerto servirá de presentación dos 12 novos compoñentes da Banda de Música de Salcedo, procedentes da súa escola.
O Concerto de Santa Icía arrincará ás 21:00 horas e terá entrada de balde para o público.
Relacionadas:
-
Comeza a programación do 30 aniversario da Banda de Música de Salcedo
Por Alejandra Iannone |
-
A Banda de Música de Salcedo prepárase para a celebración do 30 aniversario
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido & Diego Torrado |
-
A Banda de Música de Salcedo celebra a festividade de San Bartolomeu
Por Redacción |