Ponteatro descobre a historia de 'A noiva de Don Quixote'
Por Redacción & Mónica Patxot
A compañía Eme2 foi protagonista este xoves dunha nova xornada do ciclo Ponteatro, no Teatro Principal de Pontevedra.
En dobre sesión, para público escolar en horario matinal e o habitual pase das 21:00 horas, representouse a obra 'A noiva de Don Quixote', baixo a dirección de José Carlos García.
A obra recrea o universo imaxinado por Cervantes para contar as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar "como Deus manda" tras a morte de Don Quixote, unha empresa complicada cando "en realidade chámaste Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún lugar da Mancha", reza a sinopse do espectáculo.
Humor ou ironía nun tecto que desvela aos espectador acontecementos que en realidade non aparecen na popular obra literaria sobre o fidalgo.
'A Noiva de Don Quixote' protagonizou a quinta cita de Ponteatro, que regresará ao Principal o próximo 24 de novembro co segundo dos seus 'venres golfos' da man da obra Calypso, de Voadora.
Relacionadas:
-
Tres espectáculos de Ponteatro esgotaron todas as entradas á venda
Por Redacción |
-
'A canción do elefante' pecha o ciclo Ponteatro 2017 cun notable éxito de público
Por Mónica Patxot |
-
A historia do primeiro matrimonio lésbico en Galicia pon en pé ao público do Principal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Valle-Inclán tamén ten o seu sitio en Ponteatro
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
As Marías compostelás conquistan o Teatro Principal de Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
Oito obras compoñen unha nova edición de Ponteatro
Por Diego Espiño |