La Habitación Roja, Dover, Jane Joyd, Mvnich e Aurora completan o cartel do Festival do Norte
Por Alejandro Espiño
Apenas cinco despois de dar a coñecer os primeiros grupos que participarán na duodécima edición do Festival do Norte, os seus organizadores completaron a lista de artistas que actuarán no Recinto Exterior de Fexdega (Vilagarcía de Arousa) os próximos 17 e 18 de maio. Serán en total unha vintena de grupos e artistas e cinco DJ's os que amenizarán os dous días dun dos festivais máis exitosos do panorama nacional.
E desde logo os grupos confirmados este xoves completarán un cartel de auténtico luxo. Trátase de La Habitación Roja, Dover (que presenta en directo Devil came to me), Jane Joyd, Tortel, Mvnich, Aurora e DJ Amable y Gato TV.
Todos eles uniranse aos xa confirmados previamente: Toy, The Primitives, Xoel López, Delafé y las flores azules, We Are Standard, Dorian, Triángulo de amor bizarro, Sr. Chinarro, Delorentos, Aerolíneas Federales, Guadalupe Plata, Estereotypo, Novedades Carminha, Pedrito Diablo y los Cadaveras e os DJ's Miqui Puig, Faber (Estudio 3 DJ's) e Nano Vinilo.
Ademais, o Festival do Norte anunciou xa os días nos que actuará cada un deles. O venres 17 de maio, no escenario principal, veremos a Dorian, Triángulo de amor bizarro, La Habitación Roja, Xoel López, The Primitives e Guadalupe Plata; mentres que no escenario 'Esencia Rías Baixas', actuarán Sr. Chinarro, Jane Joyd, Tortel e Pedrito Diablo y los Cadaveras.
Pola súa banda, o sábado 18 será a quenda de We Are Standard, Dover, Toy, Delafé y las flores azules, Delorentos e Estereotypo, no escenario Estrela Galicia; mentres que no secundario irán actuando sucesivamente Aerolíneas Federales, Novedades Carminha, Mvnich e Aurora.
O Festival do Norte recorda que xa se poden adquirir as súas entradas a través de www.festivaldonorte.com e www.servinova.com. O prezo do abono para os dous días, que se así se desexa outorga dereito a acampada na zona habilitada, é de 30 euros se se adquíre de forma anticipada e de 40 se se fai na billeteira. As entradas soltas para venres e sábado custarán 20 euros, 25 se se compran o mesmo día do festival.
Relacionadas:
-
24 grupos e 5 DJ's para un Festival do Norte que agarda atraer a máis de 17.000 persoas
Por Alejandro Espiño |
-
Visitas guiadas, sesión vermú ou concertos acústicos, actividades paralelas do Festival do Norte
Por Alejandro Espiño |
-
O Festival do Norte queda en Vilagarcía e presenta cartel: Xoel López, Toy, Delorentos, We Are Standard... e moitos máis
Por Alejandro Espiño |