O Premio do Público Culturgal 2017 é para Play-Doc, festival documental de Tui
Por Redacción
O Festival documental de Tui, Play-Doc, converteuse no gañador do Público Culturgal 2017 con 678 votos, impoñéndose ás outras dúas candidaturas, o FIOT de Carballo e o Portal das Palabras.
Desde o 13 ata o 27 de novembro máis de 1.200 persoas participaron nas votacións da edición deste ano entre as tres propostas que percorrían ámbitos como a lexicografía, as artes escénicas e o cinema documental.
O Play-Doc é un festival anual de primavera que transforma a vida cultural de Tui e convértese nunha referencia internacional, ante a proximidade xeográfica de Portugal. 8.000 persoas móvense ao redor desta cita co cinema documental e independente e a asociación Best Filme Series de New York escolleu este festival como unha das dez citas cinematográficas máis excitantes do mundo.
Ademais converteuse nun referente para o movemento denominado Novo Cinema Galego, con creadores como Oliver Laxe, Xurxo Chirro, Lois Patiño e Eloy Domínguez.
Este evento cultural celebrará en 2018 a décimo cuarta edición, sempre baixo a dirección de Sara García e de Anxo Sánchez. O premio será entregado nun acto festivo no Culturgal o domingo 3 de decembro ás 17.45 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Benvidos ao Culturgal 10, a feira cultural máis integradora e dinámica
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os concellos promocionarán a lingua galega no posto da Deputación no Culturgal
Por Redacción |
-
A Xunta amósase en Culturgal como promotora dunha vintena de actividades
Por Redacción |
-
Culturgal 2017 ábrese a Portugal e á arte contemporánea
Por Anxo Lourido |
-
O Premio do Público do Culturgal, entre lingua, artes escénicas e cinema documental
Por Redacción |