Música para aprender a cociñar con Mamá Cabra e 'Eu cociño, ti cociñas?'
Por Diego Torrado
O grupo de música infantil Mamá Cabra púxolle ritmo este domingo á programación do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, cun concerto no auditorio do Pazo da Cultura no que presentaron o seu novo traballo, Eu cociño, ti cociñas?.
Trátase dun novo libro cheo da música e diversión habituais de Mamá Cabra que, ademais, pode considerarse o máis delicioso do grupo, pois está cheo de receitas e cancións para que os nenos deleiten aos maiores cos mellores sabores.
Batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz. Todos estes instrumentos son os que adoitan utilizar os músicos de Mamá Cabra e este domingo empregaron boa parte deles para trasladar aos asistentes ao Culturgal as súas novas propostas.
Relacionadas:
-
Portugal, un pouco máis preto a través do Centro Dramático de Viana do Castelo
Por Diego Torrado |
-
Andrea Pousa presenta 'Respirar' no Culturgal
Por Diego Torrado |
-
Culturgal, unha frenética fin de semana imaxinando e vivindo cultura
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Empezamos a contar os días para o Salón do Libro!
Por Redacción |