Casto Sampedro 'revive' por un día en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
Un Teatro Principal cheo ata a bandeira emprendeu este sábado unha apaixonante viaxe ao pasado. O público trasladouse, da man de Os de Algures, a finais do século XIX e principios do século XX, para repasar a traxectoria vital e profesional de Casto Sampedro, unha figura clave da cultura galega e director fundador do Museo de Pontevedra.
Un total de 86 persoas representaron o espectáculo Casto Sampedro na memoria da Boa Vila, un novo paso no traballo de Os de Algures pola recuperación do noso patrimonio etnográfico. Neste caso, fíxoo centrándose no traballo de Sampedro como recompilador do cancionero musical de Galicia.
Xunto aos membros da propia agrupación, o espectáculo contou coa colaboración das pandereitas de Seixebra (Moaña), bailaríns da agrupación Celme (Pontevedra) e actores da Aula de Teatro Municipal, que interpretaron a Sampedro e aos seus coetáneos na vida cultural pontevedresa.
As catorce pezas musicais que se interpretaron pertencían á recompilación que realizou Casto Sampedro da música tradicional galega. Foi a través de catro escenas ambientadas na Praza da Leña, a Praza da Verdura, a procesión do Corpus e nunha romaría tradicional, que fixeron as delicias do público.
A escenografía, que incluíu unha alfombra composta de 8.000 camelias realizadas en papel de seda, os espectaculares traxes tradicionais achegados pola asociación Sete Espadelas e o xogo de luces e sombras durante toda a función foron outros dos aspectos máis destacables desta representación.
Relacionadas:
-
'A Galicia insólita', de Antonio Fraguas, aparecerá este domingo no Teatro Principal con Os de Algures
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Exitosa estrea no Principal da montaxe etnográfica 'O soño da tecedeira' de Os de Algures
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Chega ao Principal 'O soño da tecedeira', a historia de 25.000 pesetas agochadas nun tear
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os traxes galegos máis vistosos, no Casino Mercantil
Por Redacción |
-
Casto Sampedro, protagonista da última "superprodución" de Os de Algures
Por Alejandro Espiño |