O Concello renova o seu compromiso coa Asociación músico cultural San Martiño de Salcedo
Por Alejandro Espiño
O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, asinou este xoves o habitual convenio de colaboración coa Asociación músico-cultural San Martiño de Salcedo para fomento e sostemento das actividades musicais e culturais que desenvolve a asociación durante este ano. O Concello fai unha achega de máis de 25.000 euros.
Para esto, a asociación promoverá actuacións na cidade e divulgará a súa labor formativa a través da Banda de música, da banda xuvenil, a Escola de Música e a Coral San Martiño.
Esta colaboración permite, tamén, a continuidade das actividades da Banda de Música e das súas outras entidades como forma de manifestación artística claramente vencellada e arraigada ao longo do tempo á realidade da cultura pontevedresa e, por outro lado, propiciar o achegamento da cultura musical ao groso da poboación.
Neste convenio, están enmarcados dez concertos que a asociación ofrece á cidadanía durante todo o ano:
- Cabalgata de Reis (5 xaneiro)
- Concerto de Primavera (6 abril)
- Actuación do Día das Letras Galegas (17 de maio)
- Concerto Ciclo de Bandas (13 xullo)
- Concerto Man a Man (12 agosto)
- Concerto de Santa María (15 agosto)
- Concerto na Praza de José Martí o día de San Bartolomeu (23 agosto)
- Actuación na xuntanza anual "Amigos de Campolongo" (30 agosto)
- Concerto de Gala (21 setembro)
- Concerto de Outono (26 outubro)