O FICBUEU abre o prazo para presentar curtas para a edición 2018
Por Redacción
As persoas interesadas en participar coas súas obras na undécima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu xa poden presentar as súas cintas. A asociación FICBUEU, organizadora da cita cultural, acaba de abrir o prazo para a presentación. A edición 2018 do festival xa ten datas, do 7 ao 15 de setembro.
O prazo para o envío de curtas permanecerá aberto ata o 14 de abril. Poderán presentarse traballos estreados a partir do 15 de abril de 2016 cunha duración que non supere os 30 minutos.
Por segundo ano consecutivo, a presentación das curtas realizarase a través da plataforma Shortfilmdepot e xa o 15 de maio daranse a coñecer as obras escollidas, que no caso da Sección Oficial optarán a máis de 5.000 euros en premios.
Un xurado internacional encargarase de outorgar as Ánforas de Ouro e Prata e os once galardóns artísticos e técnicos. Un xurado estatal entregará os premios das mellores curtametraxes galega e española, aos que se suma o premio do público.
O FICBUEU convidará a asistir a representantes de todas as curtas da Sección Oficial, polo que este ano se volverá garantir unha destacada presenza internacional nos días do evento. A esta escolma súmanse as seccións paralelas: Galicia, España, Animación, Comedia, Festival Invitado, Infantil, Latinoamérica e Premio de Honor, esta última como novidade.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Manuel Pena: a introversión dunha 'voz cantante'
Por Marisa Ciordia |
-
O FICBUEU reforza a súa área social e a súa particular escola de cine itinerante con colectivos vulnerables
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un FIC Bueu de récord no que aumentan as curtas dirixidas por mulleres
Por Redacción |
-
Bueu volverá ter 'Tapas 5 estrellas' con motivo do Festival Internacional de Curtametraxes
Por Redacción |
-
O FICBUEU promociónase no Festival de Curtametraxes de Clermont-Ferrand
Por Redacción |
-
O FICBUEU invita a pasar o día máis curto do ano vendo curtametraxes
Por Redacción |
-
Bueu recibiu a 6.500 espectadores no Festival Internacional de Curtametraxes, que gañou a cinta grega 'Fox'
Por Redacción |