A música en galego encherá as prazas e rúas de Pontevedra da man do Galegote Rock
A música en galego está moi viva e non se limita só ao folk ou os sons tradicionais. Así o afirmaba o concelleiro Alberto Oubiña durante a presentación do Galegote Rock 2018, que este ano trae a máis dunha decena de artistas que utilizan esta lingua na súa música, desde o punk ata o indie.
A presentación tiña lugar este 23 de marzo no Centro de Interpretación dás Torres Arzobispais (CITA) de Pontevedra da man de Oubiña e o propietario de Sala Karma Marcos Rivas. Ademais contaron coa actuación de Arturo Delgado, 'Querido Extraño', que ao finalizar a presentación ofreceu un pequeno anticipo do que será esta sétima edición do Galegote.
A programación será a seguinte:
Mércores 25 de abril:
- Eu Son Voodoo no bar O Grifón, 22:00 h.
Xoves 26 de abril:
- Boyanka Kostova na Sala Karma, 23:00 h.
Venres 27 de abril:
- Monoulious DOP en El Pequeño Karma, 21:30 h.
Sábado 28 de abril:
- Son da Rúa na Praza do Peirao, 12:30 h.
- Cinta Adhesiva na Praza de Santa María, 13:40 h.
- Espiño na Praza A Pedreira, 17:00 h.
- Esposa na Rúa Juan Novás Guillén, 18:15 h.
- Ataque Escampe na Praza Méndez Núñez, 19:20 h.
- The Lelly Kelly's fronte o Mercado de Abastos, 20:20 h.
- Os Amigos dos Músicos na Praza A Pedreira, 21:20 h.
- Dakidarría na Paza A Pedreira, 22:30 h.
Durante estes días tamén terán lugar outras actividades non musicais, como un taller de grafitti para escolares con temática de María Victoria Moreno, homenaxeada do Día das Letras Galegas este 2018. Ademais, a empresa pontevedresa Nasa lanzou dúas cervexas exclusivas con motivo do festival, cuxa etiqueta foi deseñada por Guillotina, autores do cartel do Galegote Rock.
Relacionadas:
-
Os eventos que se celebrarán durante a fin de semana contarán cun tempo de verán
Por Olaya Madrigal |
-
A galeguizar todos os estilos musicais no Galegote Rock
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Deputación destina axudas para entidades sen ánimo de lucro que dinamicen a lingua galega
Por Redacción |
-
Zoo, Steve 'n' Seagulls e os galegos Xangai, primeiros nomes para o Revenidas 2018
Por Alejandro Espiño |
-
Ben Veñas Maio 2018 volverá impulsar o uso do galego a través das artes
Por María López Verdial |