"O ritmo da alma", un himno pola inclusión e a vida
Por Redacción & Paula Sanmartín
Con motivo da celebración do día Mundial da Diversidade Cultural, este 21 de maio presentouse o proxecto "O ritmo da alma" cuxo resultado é un videoclip que suma a diversidade social e a cultura a través da música.
Os participantes neste proxecto quixeron trasladar unha mensaxe de que "a música é capaz de transformar emocións, debuxar sorrisos e de curar a alma".
Para todos eles esta canción é un himno pola inclusión e a vida, un canto á necesidade de rir, de establecer lazos de afecto e de vivir con alegría e compartir en sociedade todos estes momentos.
Este luns, no Concello de Pontevedra presentaron unha pequena promoción do vídeo. Trátase dun avance do que se poderá ver o vindeiro venres día 22 de xuño ás 20.30 horas no Teatro Principal nunha gala "que non deixará indiferente a ninguén".