Flop Cinema crea alianzas co Cineclube de Pontevedra e os festivais Novos Cinemas e FIC Bueu
Do 29 de maio ao 2 de xuño desenvolverase no Teatro Principal a súa segunda edición do programa Flop Pontevedra (Free Life Orgullo Pontevedra) destinada á proyección de producións audiovisuais, nacionais e internacionais, de temática LGTBIQ+.
Ademais da nova localización do ciclo de cinema, o ano pasado foi ao aire libre na praza da Pedreira, este ano entre as novidades destaca a aposta da organización pola apertura e a procura de sinerxias a través de colaboracións con diversas entidades que traballan no ámbito cinematográfico, como son o Cineclube Pontevedra e os festivais Novos Cinemas e FIC Bueu.
O Cineclube Pontevedra incorpórase ao FLOP coa programación da película "Teorema" (Italia 1976), de ier Paolo Pasolini.
Novos Cinemas achega a elección da película "Terra firme" (2017 España, Estados Unidos e Gran Bretaña).
O Festival Internacional de Curtametraxes FIC de Bueu colabora coa proxección dos curtos "They say" (2012) de Alauda Ruiz de Azua, "Boy" (2014) de Lucas Helth Postma e "Change in the water" (2015) de Muiris Crowley.
A segunda novidade é que o FLOP inaugura os cineforum, debates cos creadores do audiovisual que asistirán ás proxeccións e falarán das súas obras. Espérase a participación de cineastas como Carmen P. G. Granxeiro, Lázaro Louzao ou Roberto Castón.
Todas as proxeccións serán gratuítas, con entrada libre ata completar o aforamento.
Segundo explicou a concelleira Carme da Silva, o FLOP Cinema está incluído dentro do programa do Concello sobre a diversidade sexual, despois da celebración de "TRANSformando ou mundo" nos centros de ensino secundario da cidade. O peche da iniciativa terá lugar o 14 de xullo co festival FLOP no Parque dos Gafos, un encontro anual de música electrónica que celebra xa a súa cuarta edición.
Presentación do FLOP Cinema
Presentación do FLOP Cinema o 23 de maio de 2018
© Miguel Álvarez
Relacionadas:
-
'Ambienta', cinema pola diversidade sexual, de xénero e familiar do 2 ao 7 de xullo na praza da Pedreira
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dez estudantes, guiados polo cineasta Eloy Enciso, recollerán en curtas a memoria e a imaxe do Lérez
Por Redacción |
-
Carlos Quintela, Felipe Lage, Diana Santamaría e Mercedes Martínez Abarca, asesores do #LAB de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Unha 'orgullosa' romaría no Gafos para reivindicar a diversidade sexual
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Volve o Festival Flop, doce horas de música, gastronomía e Orgullo LGTBI
Por Redacción |
-
Pontevedra loce con orgullo a bandeira LGTBI
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra, decidida a visibilizar a comunidade LGTBI e combater o seu acoso escolar
Por Redacción |