Un Surfing the Lérez "sobre rodas" suma a Furious Monkey House, Eladio y los seres queridos ou The Lákazans
Por Alejandro Espiño
Cunha estética ao máis puro estilo "Mad Max". Así chega este ano o festival Surfing the Lérez, que se celebrará na Illa das Esculturas de Pontevedra o vindeiro sábado 16 de xuño.
Xunto co nome dos artistas xa anunciados -Ángel Stanich, Terbutalina e La casa de los ingleses, os organizadores do festival confirmaron a todos os artistas e bandas que subirán ao escenario que estará situado a beiras do río Lérez.
Así, ao Surfing the Lérez regresará unha das bandas pontevedresas de maior proxección, os Furious Monkey House. Tamén estarán Eladio y los seres queridos, The Lákazans, Flip Corale Oh! Ayatoláh, The Trunks, Soul Macklein & Possitive Band ou Escuchando elefantes.
O cartel complétase cos concertos de The Limboos, Agoraphobia, Mad Martin Trio e a música da Duendeneta.
Ademais, haberá múltiples actividades no Escenario Bonobo e obradoiros, o mercado de creadores ou unha ampla oferta de foodtrucks, entre outros.
A gran novidade deste Surfing the Lérez é que, xunto cos concertos do sábado, haberá música durante toda a semana previa.
A Sala Karma acollerá o mércores 13 o concerto de Fogbound e Esteban y Manuel e, ao día seguinte, The Manueles actuará en El Pequeño e Matt and the Peabody Ducks farao en Sala Karma.
Unha xornada infantil polas rúas e prazas da cidade, que terá lugar o venres 15, quentará motores para a gran cita do sábado, onde como é habitual haberá público de todas as idades, convertendo ao Surfing the Lérez nunha auténtica romaría do rock and roll.
Relacionadas:
-
O Surfing The Lérez, todo un fenómeno de masas... para toda a familia
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Surfing the Lérez empeza pola Sala Karma
Por Redacción & Diego Torrado |
-
RADIO.- A playlist de... Surfing the Lérez, a lume vivo!
Por Marisa Ciordia |
-
Surfing the Lérez, a "romaría do rock" que marca o inicio das Festas de Verán
Por Alejandro Espiño |
-
Chegan as Festas de Verán, tres meses de actividades "case a diario"
Por Alejandro Espiño |
-
Ángel Stanich, Terbutalina e La casa de los ingleses estarán no Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño |