A feira de libros usados de Marín expándese na súa segunda edición
Por Redacción
A Feria de Libros Usados de Marín repetirase este ano despois do éxito alcanzado na súa primeira edición de 2012 e farao con novidades, expandirase por distintos puntos da zona urbana de Marín.
Segundo informou o Concello de Marín, este mércores celebrouse unha reunión con representantes dos centros educativos e asociacións de pais de alumnos que participarán na feira, prevista para o próximo 30 de xuño.
Indicou que como novidade con respecto ao ano pasado, este 2013 se pondrá a disposición dos cidadáns lugares como a biblioteca, o Museo Torres ou a propia Casa do Concello para que os participantes poidan deixar os seus libros e recoller os seus vales.