Cinema na lúa propón cinco sesións ao aire libre na Pedreira
Por Redacción
Pontevedra entra de cheo, coa chegada do mes de xullo, nas súas Festas de Verán. Faino, a partir deste martes día 2, co inicio do ciclo Cinema na lúa.
Trátase dunha actividade que consiste na proxección de cinco películas ao aire libre. Será na Praza da Pedreira, a partir das once da noite.
A programación é a seguinte:
- Martes 3 de xullo: Take shelter. Drama / Thriller
- Mércores 4 de xullo: Nuestro último verano en Escocia. Comedia dramática
- Xoves 5 de xullo: 12 años de esclavitud. Drama
- Venres 6 de xullo: El extraordinario viaje de T.S Spivet. Aventuras
- Sábado 7 de xullo: La princesa prometida. Aventuras / comedia
O acceso a todas estas proxeccións é de balde.