O cine chora a morte de Alfredo Landa, un actor que foi 'gardamarina' na Escola Naval
Por Alejandro Espiño
Hai apenas un mes falecía Sara Montiel. Este xoves deixounos outro dos grandes do cine español, Alfredo Landa. O actor navarro, de 80 anos de idade, morreu en Madrid, segundo confirmou a Academia de Cine Español. Ambas estrelas tiñan unha 'muesca' pontevedresa nas súas biografías. Sara Montiel, pola rodaxe da película Esa mujer en Pontevedra; Alfredo Landa por un filme que gravou en Marín, en Pontevedra e na Ría de Pontevedra.
Era o ano 1966 e o director Pedro Lazaga apostou por un 'remake' da coñecida Botón de ancla que, vinte anos antes, protagonizara Fernando Fernán Gómez. E quixo rodala no mesmo sitio no que se gravou a orixinal, a Escola Naval Militar de Marín e na Ría de Pontevedra. E alí traballou durante varias semanas Alfredo Landa e un reparto composto, entre outros, por José Luís López Vázquez, Manolo Zarzo e Julia Gutiérrez Caba.
A película, titulada Los guardiamarinas, narraba a historia dun grupo de marineros que se prepara para converterse en gardamarinas. Este proceso, que os levará a ser un oficial de rango menor, faralles experimentar todo tipo de situacións. Desde as típicas novatadas ás novas responsabilidades ás que se enfrontarán cando teñan un cargo superior ao actual. E todo iso con continuas escenas gravadas na Escola Naval marinense.
En Marín y en Pontevedra todavía hai quen recorda con agarimo a estancia de Alfredo Landa en ambas localidades, onde pasou varias semanas rodando esta película. Entre outras localizacións, na Escola Naval de Marín, as inmediaciones das Ruinas de Santo Domingo, a estación de tren de Pontevedra ou a zona de Mollabao.
Alfredo Landa levaba retirado do mundo artístico desde o ano 2007. As súas últimas aparicións públicas datan de 2008, cando recibiu o premio da Unión de Actores de España polo seu papel en Luz de domingo, de José Luís Garci, a Medalla de Ouro do Concello de Madrid e o Premio Príncipe de Viana á Cultura. Foi nese mesmo ano, ademais, cando recolleu o Premio Goya de Honra a toda a súa carreira cinematográfica.