A actriz Uxía Blanco reivindica o cineasta Chano Piñeiro como defensor da igualdade
Por Redacción
A actriz Uxía Blanco participaba este venres na homenaxe que a asociación cultural Somos Ponte Caldelas realizou ao director cinematográfico Chano Piñiero. Despois de proxectar a película 'Sempre Xonxa' desenvolveuse un coloquio no que a intérprete do filme destacou o carácter humano do cineasta galego.
Blanco indicou que, con 30 anos de perspectiva, o director de 'Mamasunción' foi un visionario na defensa da igualdade de xéneros e na loita contra a violencia ás mulleres.
Ao acto tamén asistiu Mariluz Montes, a viúda do director. Uxía Blanco referiuse a ela como unha persoa fundamental que sempre impulsou o xenio creativo de Piñeiro.
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO 'MEMORIAL CHANO PIÑEIRO'
Durante o acto levou a cabo a entrega dos premios do I Concurso Fotográfico 'Memorial Chano Piñeiro'. Alicia Landeiro obtivo o primeiro premio pola súa obra 'Sombras'. Cecilia Vázquez e Julen Souto levaron o segundo e o terceiro premio.
Relacionadas:
-
Os centros educativos de Ponte Caldelas toman parte na loita contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Comeza a homenaxe ao cineasta Chano Piñeiro cunha exposición na súa memoria
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas encara varias semanas de homenaxes a Chano Piñeiro
Por Redacción |
-
Propoñen nomear o cineasta Chano Piñeiro como fillo adoptivo de Ponte Caldelas
Por Redacción |