O Memorial Ricardo Portela recorda a Maruxa das Cortellas, a muller que "facía falar o pandeiro"
Por Redacción & Diego Torrado & Mónica Patxot
María Grande Sobral, coñecida popularmente como Maruxa das Cortellas, converteuse este sábado na primeira muller homenaxeada no Memorial Ricardo Portela que, na súa décimo novena edición, estivo dedicada a unha das grandes tocadoras de 'pandeiro' do país.
A musicóloga e percusionista Xulia Feixóo foi a encargada de repasar a traxectoria artística desta veciña de Soutomaior, que "facía falar o pandeiro" e como moitas outras mulleres foi "invisibilizada" polos libros da historia da música galega.
O Memorial Ricardo Portela, coordinado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, desenvolveu un ano máis unha intensa programación que tivo o seu epicentro na praza da Ferrería, escenario da mostra de artesáns de instrumentos musicais.
Donicelas e TNT foron os protagonistas dos dous grandes concertos programados durante o memorial, pero non foron as únicas actuacións das que puido gozar o público pontevedrés.
Ao longo de toda a fin de semana, polo centro histórico de Pontevedra soou a música tradicional interpretada por Os Gaiteiros das Rías Baixas, Pola Vila, Os Revoltos, Os Asubios, Os Boucisca , la AC Picuíña, Os Mecos de O Grove, Os Picurruchos, O Gaiteiro de Poio e Lubicáns.
Relacionadas:
-
O Memorial Ricardo Portela, un acto de xustiza con Constante Moreda e todos os represaliados do Franquismo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Memorial Ricardo Portela homenaxeará ao gaiteiro vigués Constante Moreda Vázquez
Por Alejandro Espiño |
-
Maruxa das Cortellas, primeira muller homenaxeada no Memorial Ricardo Portela
Por Redacción |
-
Chegan as Festas de Verán, tres meses de actividades "case a diario"
Por Alejandro Espiño |