24 grupos e 5 DJ's para un Festival do Norte que agarda atraer a máis de 17.000 persoas
Por Alejandro Espiño
Unhas 17.000 persoas. ÿ a previsión de asistencia que manexan os organizadores do Festival do Norte. Vilagarcía volverase a converter os próximos 17 e 18 de maio na capital 'indie' do noroeste español. Faino, por duodécimo ano consecutivo, cun cartel "que mantiene la línea de todos los años, pero con menos dinero", explica Toño Caneda, un dos seus organizadores. E é que o seu orzamento reduciuse ata os 380.000 euros.
Con ese diñeiro, sinala, o Festival do Norte decidiu apostar por artistas galegos "que están en un momento muy bueno" como Triángulo de Amor Bizarro ou Novedades Carminha, e acompañalos con grupos consagrados como La Habitación Roja, Dover, Xoel López ou Delafé y las flores azules. Ademais, o cartel volverá incluír bandas estranxeiras como Toy, The Primitives ou Delorentos "que acaban de ser elegidos como teloneros de Bruce Springsteen".
Como en anteriores edicións, as actuacións repartiranse en tres escenarios. Ao xa tradicional escenario Estrella Galicia, súmase este ano o escenario Espíritu Rías Baixas patrocinado pola Deputación de Pontevedra dentro da campaña promocional da Vuelta Ciclista a España. O último escenario, é o Brugal Dance Club, centrado nos ritmos dance e DJ's e no que se pecharán as veladas musicais do Festival do Norte.
Os horarios de actuación serán os seguintes:
ESCENARIO ESTRELLA GALICIA |
|
Venres 17 |
Sábado 18 |
Guadalupe Plata: 20.15h The Primitives: 21.10h Xoel López: 22.10h La Habitación Roja: 23.25h Triángulo de Amor Bizarro: 00.40h Dorian: 01.55h |
Estereotypo: 20.15h Delorentos: 21.10h Delafé y las flores azules: 22.10h Dover: 23.25h Toy: 00.40h We Are Standard: 01.55h |
ESCENARIO ESPIRITU RIAS BAIXAS |
|
Venres 17 |
Sábado 18 |
Pedrito Diablo y los Cadaveras: 17.00h Tortel: 17.45h Jane Joyd: 18.30h Sr. Chinarro: 19.15h |
Aurora: 17.00h Mvnich: 17.45h Novedades Carminha: 18.30h Aerolíneas Federales: 19.15h |
ESCENARIO BRUGAL DANCE CLUB |
|
Venres 17 |
Sábado 18 |
Miqui Puig: 03.00h Faber (Estudio 3 DJ's): 04.00h |
DJ Amable y GatoTV: 03.00h Nano Vinilo DJ: 04.00h |
A maior parte destes de grupos, destacou Caneda, "llegan al festival para presentar disco o es la primera vez que actúan en Galicia, como el caso de Toy o Delorentos". En total serán 24 grupos e cinco DJ's os que subirán aos tres escenarios habilitados no exterior do Recinto Ferial de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa.
Como todos ao anos haberá unha zona de acampada para as persoas que asisten ao festival e que se sitúa ao lado do recinto feiral. O prezo do abono con acampada é de 30 euros se se adquire de xeito anticipado e 40 na billeteira. A entrada anticipada para unha xornada custa 20 euros e 25 se se compra na billeteira do recinto. Os puntos de venta son a través da páxina web do Festival e de www.servinova.com.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Ademais, Producciónes Independientes Culturales, organizadora do evento, segue a innovar e ampliar o programa do Festival do Norte mediante a inclusión de actividades paralelas durante a xornada previa ao seu inicio. Será cunha nova edición do programa Busca o teu norte na música, que ten como obxectivo amosar á mocidade a outra cara da música, todo o que non se ve no escenario, pero sen o cal é imposible.
Pero a principal novidade no Festival do Norte deste ano será a Sesión Vermú que se celebrará o sábado 18. Será unha actividade aberta ao público e pensada para as familias, para que pais e fillos poidan gozar do ambiente festivaleiro para todos os públicos con sesións de DJ's, un concerto acústico de Tortel e paella mariñeira. Celebrarase, se o tempo o permite, entre as doce do mediodía e as tres da tarde.
CONTINUIDADE GARANTIDA?
Na rolda de prensa de presentación do Festival, Tomás Fole agradeceu que os seus organizadores "sigan apostando" por Vilagarcía como sede, "especialmente en un momento tan difícil". Pero avanzou que "seguiremos traballando para que siga manteniendo su calidad, se quede en Vilagarcía por muchos años y para que se mantenga la colaboración con la empresa privada", clave, dixo, xunto coas institucións públicas, para a súa supervivencia.
Neste sentido, o alcalde celebrou o cambio de datas do Festival do Norte. "Es un paso importante para su estabilidad", dixo, tras recoñecer "problemas y retrasos" este ano. Non só pola súa coincidencia coa ponte do Día das Letras Galegas, senón porque servirá de "antesala" das festas en honor a Santa Rita. "Queremos que a partir de ahora sea siempre así", de forma que "sea más fácil" garantir o futuro do festival como referencia na cidade.
Relacionadas:
-
Toy e Delafé, grandes triunfadores dun Festival do Norte que superou con creces as expectativas
Por Alejandro Espiño & Aitana Vidal |
-
Visitas guiadas, sesión vermú ou concertos acústicos, actividades paralelas do Festival do Norte
Por Alejandro Espiño |
-
La Habitación Roja, Dover, Jane Joyd, Mvnich e Aurora completan o cartel do Festival do Norte
Por Alejandro Espiño |
-
O Festival do Norte queda en Vilagarcía e presenta cartel: Xoel López, Toy, Delorentos, We Are Standard... e moitos máis
Por Alejandro Espiño |