O jazz 'made in Galicia' de Abe Rábade resoa na Ferrería
Por Redacción & Diego Torrado
Un dos grandes músicos de jazz que deu Galicia nos últimos anos, Abe Rábade, foi o encargado de poñer o toque nacional na Ferrería, o escenario principal do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.
Foi nun concerto que, de novo coa praza chea, ofreceu xunto á súa formación habitual, integrada en formato trío por Pablo Martín e Bruno Pedroso.
Nel, o músico compostelán e os seus compañeiros fixeron gozar ao público cunha proposta na que se podía atopar a pegada da música tradicional de Galicia, o jazz máis ortodoxo, o R& B, a experimentación máis arriscada ou a influencia da música clásica.
A seguinte cita co festival será este venres, a partir das 22.30 horas. É a quenda do guitarrista e cantante estadounidense Walter "Wolfman" Washington.
Nacido en Nova Orleans, onde está considerado como unha das súas principais figuras musicais, as súas raíces beben do blues, pero compleméntanse con outros estilos como o funk e o R&B, para crear un son propio e único, perfectamente reconocible.
Walter " Wolfman" Washington personifica os dous extremos da tradición vocal afroamericana: os berros salvaxes e apaixonados de James Brown e as liñas melodiosas e urbanas de Nat King Cole, nunha mestura moi persoal que non deixa a ninguén indiferente.
Relacionadas:
-
RADIO.- 'A playlist' do doutor Núñez Fernández, de 'Brancardier el dietrólogo' e a súa familia
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Escoita co Cara a cara aos artistas do Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Marisa Ciordia |
-
Ritmos brasileiros despiden o Festival Internacional de Jazz
Por Diego Torrado |
-
O home lobo aúlla á lúa da Ferrería a ritmo de blues
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
A enerxía de Don Bryant revoluciona o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Cinco "nómades" liderados por Joel Ross ofrecen un concerto único en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alfonso Calvo deixa paso no Festival de Jazz e Blues de Pontevedra á inédita banda Nomads
Por Redacción & Diego Torrado |