Espectáculos na procura de diversión polas rúas de Pontevedra con Itineranta
Por Redacción
Universos fascinantes circulaban este martes polas rúas do centro histórico de Pontevedra con motivo do inicio de Itineranta, o festival de espectáculos de rúa que este ano chega á novena edición.
Nesta ocasión, ás 20.00 horas, o grupo de Mérida Asaco Producciones ofrecía un percorrido cómico cun tenente pallaso e un cabo piloto, que cun tanque con efectos especiais repoñen fronteiras fronte ás intencións dun iogui clown, que tenta retiralas.
Unha hora máis tarde, Yera Teatro, de Granada, amosaba a travesía de 'Nómades', onde un grupo de excéntricos personaxes subían a un zeppelin para ofrecer diversas habilidades ante o público buscando a súa participación.
Por último, a partir das 22.00 horas, o grupo Remue Menage procedente de París invadía aos asistentes nun abismo luminoso e fascinante con ritmos electrónicos. Medusas, hipocampos e outras especies mariñas resplandecían polas rúas da zona vella.
Durante este mércores e o xoves, Itineranta continuará mostrando espectáculos de rúa a partir das 20.00 horas, realizando diversas rutas na contorna da praza de Méndez Núñez, Peregrina e Curros Enríquez.
Relacionadas:
-
Itineranta celebra o seu décimo aniversario cos dez mellores espectáculos da súa historia
Por Manu Otero |
-
Un globo aerostático, lume, apócemas e inventos... Itineranta nunca deixa de sorprender
Por Paula Sanmartín & Redacción |
-
Nove compañías animarán as rúas de Pontevedra nunha nova edición de Itineranta
Por Alejandro Espiño |
-
Chegan as Festas de Verán, tres meses de actividades "case a diario"
Por Alejandro Espiño |