O patrimonio arqueolóxico da provincia faise un oco nos mellores museos do país
Por Redacción
A Deputación adxudicou o servizo de produción e itinerancia da exposición "Galaicos, un pobo entre dous mundos" que ao longo de tres anos pasará polo Museo Arqueológico Nacional en Madrid, o Museo de la Prehistoria de Valencia e o Museo Nacional d'Arqueología de Catalunya en Barcelona, ademais do propio Museo de Pontevedra.
Trátase dunha mostra que pretende reflectir "a cultura galaica desde a Idade de Bronce ata a Antigüidade tardía", explicou a presidenta provincial, Carmela Silva.
A elaboración da devandita exposición foi encargada á empresa PROA SUR SL, cun orzamento de 297.789,95 euros.
A mostra, enmarcada dentro o programa integral para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia, permitirá dar a coñecer a riqueza patrimonial, arqueolóxica e cultural de Pontevedra, mostrando os cambios que se produciron durante un período de máis de 2.000 anos de historia. Ademais, a exposición ofrecerá as claves de interpretación dos xacementos escavados nos últimos anos, os trazos básicos da prehistoria e a oferta de turismo cultural e arqueolóxico que presenta a provincia.
"Galaicos, un pobo entre dous mundos" contará con entre 60 e 70 pezas e recursos de carácter didáctico e audiovisuais e manterase en cada un dos museos entre 4 e 6 meses, empezando en outubro polo Museo Arqueolóxico Nacional en Madrid.
Relacionadas:
-
Unha veciña de Ponte Caldelas descobre un colgante da época medieval
Por Olaya Madrigal |
-
A Deputación fomentará o turismo arqueolóxico a través da musealización dos castros
Por Redacción |
-
A exposición 'Galaicos, un pobo entre dous mundos', guía arqueolóxica e visual da provincia
Por Noticia patrocinada |
-
Pontevedra presume en Madrid do seu patrimonio arqueolóxico
Por Redacción |
-
Presentan 'Galaicos' no Museo, a exposición que promoverá a chegada de turismo arqueolóxico
Por Redacción |
-
Madrid, Valencia e Barcelona acollerán unha exposición co patrimonio arqueolóxico de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |