O adeus de Rosendo aos escenarios congrega a miles de persoas en Pontevedra
Por Diego Torrado & Redacción
A xira de despedida coa que Rosendo empezou a dicir adeus aos escenarios parou este sábado en Pontevedra e congregou na praza de España a miles de persoas que non quixeron perderse o que será o último concerto nesta terra de quen está considerado un dos máis importantes representantes do rock español.
O de Pontevedra era un dos poucos concertos gratuítos desta xira, bautizada como 'Mi tiempo señorías...', e serviu de foco de atención para miles de fans da cidade e tamén dos arredores, espectadores de todas as xeracións que vibraron co rockeiro español por excelencia.
Rosendo, que estivo acompañado do grupo local Glitter & Litter como teloneiros, abría este sábado o apartado musical das festas da Peregrina e cumpriu coas altas expectativas en canto a asistencia de pùblico. Agora dará paso este domingo á música indie co concerto na praza de España de Carlos Sadne e a banda portuguesa The Gift.
O resto da programación musical das festas pontevedreses pode consultarse aquí.
Relacionadas:
-
Bunbury, o home delgado que entusiasmou a milleiros de seguidores en Pontevedra
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
Andrés Suárez emociona no seu recital na Ferrería, acompañado por Cristina Pato
Por Diego Torrado & Redacción |
-
SondeSeu presentou 'Arraianos' nas Festas da Peregrina cun potente espectáculo
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Espectáculo pirotécnico para poñer o broche de ouro ao primeiro día de festas 2018
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Chegan as Festas de Verán, tres meses de actividades "case a diario"
Por Alejandro Espiño |
-
Rosendo, Bunbury, Antonio José, Carlos Sadness ou Mocedades estarán nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |