The Gift e Carlos Sadness mobilizaron a praza de España a base de ritmo
Por Redacción & Diego Torrado
The Gift é unha das bandas portuguesas con máis seguidores nos últimos tempos. Esta agrupación móvese por diferentes estilos con predominio dun pop-rock alternativo moi dinámico. Eles foron os encargados de abrir o concerto compartido que este domingo chegaba á praza de España dentro da programación das Festas da Peregrina
A banda defendeu o feminismo durante o seu recital e realizou un repaso da súa traxectoria discográfica na que destaca o seu tema 'Primavera'. Tras eles, o músico indie Carlos Sadness subiuse ao escenario nunha xornada na que baixaron as temperaturas e ameazaba choiva.
O autor catalán presentaba o seu último traballo discográfico que leva por título 'Diferentes tipos de luz', co que conseguiu situarse no segundo posto na lista de vendas en España. Os seus temas foron bailados polos numerosos seguidores que se achegaron á contorna da Alameda.
Este luns, as Festas da Peregrina ofrecen un concerto a partir das 21.00 horas na praza da Ferrería a cargo da Banda de Música de Pontevedra e a Banda de Música de Salcedo. E ás 22.30 horas, SondeSeu centrará a actuación musical na praza de España.
Relacionadas:
-
Carlos Sadness enche a Sala Karma co seus "Diferentes tipos de luz"
Por Redacción |
-
Carlos Sadness actuará na Sala Karma en outubro
Por Redacción |
-
Bunbury, o home delgado que entusiasmou a milleiros de seguidores en Pontevedra
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
Andrés Suárez emociona no seu recital na Ferrería, acompañado por Cristina Pato
Por Diego Torrado & Redacción |
-
SondeSeu presentou 'Arraianos' nas Festas da Peregrina cun potente espectáculo
Por Diego Torrado & Redacción |