Andrés Suárez emociona no seu recital na Ferrería, acompañado por Cristina Pato
Por Diego Torrado & Redacción
Nunha noite xa calorosa, o cantautor ferrolán Andrés Suárez logrou aumentar a sensación térmica na praza da Ferrería onde centos de seguidores apiñábanse para seguir os temas do músico de Pantín.
E no seu concerto en Pontevedra estivo acompañado pola gaiteira ourensá Cristina Pato, que adornou varios temas de Andrés Suárez tanto ao piano como coa gaita. Entre eles, a versión de 'Negra sombra', que entusiasmou ao público que se daba cita neste novo concerto das Festas da Peregrina.
O cantautor presentou os temas do seu último disco, 'Desde una ventana' e ofreceu a súa interpretación de éxitos como 'Que levante la mano' ou 'Vuelve'.
Este mércores continúan os concertos dentro da programación da Semana Grande das Festas. Ás 21.00 horas, o escenario da praza da Ferrería contará coa actuación de Odaiko e Vanesa Muela, recuperadores da música tradicional e a partir das 22.30 horas chegará un dos concertos máis esperados dentro da programación, o de Bunbury na Praza de España. O ex líder de Héroes del Silencio ofrecerá os grandes éxitos do seu repertorio e temas do seu último traballo, 'Expectativas'.
Relacionadas:
-
Andrés Suárez: "Non me arrepinto de nada que fixera na miña vida. E iso que a liei bastante"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Día extra adicado aos nenos nas atraccións da Peregrina
Por Paula Sanmartín & Oskar Viéitez |
-
Sidecars asalta a Praza de España no penúltimo gran concerto das festas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Antonio José: "Pontevedra, me robaste el corazón. ¡Qué feliz he sido contigo!"
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Bunbury, o home delgado que entusiasmou a milleiros de seguidores en Pontevedra
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
Odaiko & Vanessa Muela, música folclórica para oídos agradecidos
Por Paula Sanmartín & Redacción |
-
SondeSeu presentou 'Arraianos' nas Festas da Peregrina cun potente espectáculo
Por Diego Torrado & Redacción |
-
The Gift e Carlos Sadness mobilizaron a praza de España a base de ritmo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O adeus de Rosendo aos escenarios congrega a miles de persoas en Pontevedra
Por Diego Torrado & Redacción |