O pintor adolescente Fernando Búa ofrece unha mostra da súa obra no Palacete das Mendoza
Por Redacción
Fernando Búa conta con tan só 15 anos pero o seu nome comeza a ser coñecido entre as institucións locais debido aos seus traballos realizados con plumiñas nos que se recollen paisaxes tradicionais e escenas típicas de distintos puntos das Rías Baixas.
Natural de Sanxenxo, este precoz pintor inaugura este venres 24 a exposición 'Conservar e medrar', unha recompilación de ao redor de 20 pinturas que se poderá ver no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, ata o 7 de setembro. en horarios de luns a venres, de 09.00 a 21.00 horas e os sábados, domingos e festivos de 10.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 20.00 horas.
O mozo iniciouse no mundo do debuxo a través dun curso no Pazo Emila Pardo Bazán en Sanxenxo e a súa habilidade coa plumiña levoulle a gañar varios concursos de pintura. Ao longo dos últimos meses expuxo en diversos espazos como o Liceo Casino de Pontevedra, Exposalnés en Cambados, na sala Nauta de Sanxenxo e recentemente na Casa da Luz en Pontevedra
Relacionadas:
-
O pontevedrés Fernando Búa expón as súas obras na Casa de Galicia en Madrid
Por Redacción |
-
RADIO.- Arquitectura e tradición galega plasmada na tinta dun rapaz de 15 anos
Por Marisa Ciordia |
-
O pintor precoz Fernando Búa exporá estampas pontevedresas na Casa da Luz
Por Anxo Lourido |
-
O pintor Fernando Búa regala ao rei emérito unha lámina do seu barco
Por Redacción |