The Lákazans, Ses, La Pegatina e Skándalo GZ reúnen 10.000 persoas en Combarro
Por Diego Torrado & Redacción
Os concertos de The Lákazans, Ses, La Pegatina e Skándalo GZ reuniron na noite deste venres unhas 10.000 persoas en Combarro na primeira xornada grande do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia.
A asociación ACMeM Armadiña, organizadora do evento, fixo un balance moi positivo desta primeira xornada grande, na que houbo un cheo total en Combarro. De feito, o espazo habilitado para a acampada colgou o cartel de completo.
Aínda que a música, a festa e a diversión xa comenzaron pola tarde, o prato forte da xornada foi pola noite, cos concertos na praza da Chousa, que abriron os galegos The Lákazans, que conseguiron que o público empezara a mover o corpo co súa elegancia e swing.
A seguinte quenda foi para Mara Xosé Silvar, Ses, que aproveitou un espectáculo rockeiro de luxo para lanzar mensaxes en pro da identidade e da lingua galegas e tamén da igualdade. Ao respecto, cabe lembrar que este ano o Armadiña Rock conta por primeira vez cun Punto Lila formado por un equipo multidisciplinar coordinado por axentes e promotoras de Igualdade.
En canto ao concerto de Sés, o colofón chegou co tema 'Tempestades de sal', co que se despediu do público da Chousa, no que logrou unha grande complicidade, con todo o recinto cantando con forza mentres ela e a súa banda permanecían calados.
O concerto de La Pegatina tomou o relevo e fíxoo cun baño de confetti e serpentinas para poñer ao público en situación. O público expresou moita emoción co inicio de varios temas da banda catalá, como 'Maricarmen', 'Lloverá y yo veré' ou coa canción en galego 'Morriña', banda sonora do spot desta décima edición do festival.
Esta primeira xornada rematou con Skándalo GZ, pero aínda queda moito Armadiña por diante. Este sábado será outra xornada grande para os festivaleiros, que poderán achegarse de novo á praza da Chousa a partir das 20.30 horas para escoitar as actuaciósn de A Banda da Loba, O Sonoro Maxín, Amparanoia, Banda Xangai, Terbutalina e Zënzar.
A festa estará asegurada xa durante o día cos concertos de Noite Fechada e Almánimal polo casco histórico e cunha ampla programación con pasarrúas e actividades para público familiar. Todos os horarios da segunda xornada deste festival poden consultarse nesta ligazón.
Relacionadas:
-
O concelleiro de Turismo de Poio anima os veciños de Combarro a crear "leira-parks" durante a Festa do Mar
Por Anxo Lourido |
-
A Garda Civil puxo preto de 50 denuncias este fin de semana en Combarro
Por Redacción |
-
Últimas horas da fin de semana na que Poio máis sabe a mar
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Combarro rockea sen descanso na segunda noite de concertos do festival Armadiña
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Mar xa está de festa en Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
En Poio, se non é SI, tamén é NON
Por Oskar Viéitez |
-
Dez anos de Armadiña Rock que poñen a Combarro como "punto de referencia cultural"
Por Diego Espiño |