A Galicia Brass Band Infantil faise grande en Sanxenxo
Por Redacción
O Pazo Emilia Pardo Bazán, en Sanxenxo, é escenario estes días do IV Encontro da Galicia Brass Band Intantil.
Nenas e nenos, 40 en total, de entre 8 e 12 anos, ensaian duro para converterse en grandes músicos, con sesións de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 21:00 horas.
Os participantes neste encontro proceden de diversos municipios como Ribadumia, Meaño, Cambre, Caldas de Reis, Barro ou Vilanova de Arousa, ademais dos propios alumnos da Escola de Música Municipal de Sanxenxo.
Ademais dos ensaios, o encontro da Galicia Brass Band Infantil incluía concertos ás 22:00 horas do martes e o mércores na Praza dos Barcos previo ao colofón final do venres 31 de agosto, no mesmo lugar e hora, con outro recital que clausurará unha semana de moito traballo, e no que se interpretarán varias pezas antigas e tamén de ópera.