A Praza de Massó acolle a exposición dos arquitectos galegos sobre Alejandro de la Sota
Por Redacción
A Praza Massó de Bueu acolleu este martes o acto de inauguración oficial da exposición "Alejandro de la Sota 1913-1996", no que estiveron presentes o fillo do homenaxeado, Juan de la Sota Rius, así como o presidente da delegación pontevedresa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Manuel Abelleira Argibay, e membros do goberno local bueués.
A mostra, que se poderá ver ata o 16 de setembro, emárcase na programación que organizou o COAG coincidindo co Ano das Artes Galegas 2018 que se lle adica a De la Sota, e conta cunha peculiaridade: "que está preparada para un espazo aberto e urbano ", tal e como destacou Abelleira.
Juan de la Sota lembrou a estreita relación do seu pai coa ría de Pontevedra, un espazo no que foi moi feliz, pero ao que tivo que renunciar para avanzar na súa vida profesional.
A exposición consiste nunha serie de estruturas prismáticas que se situan no interior da Praza Massó. Cada prisma acolle unha temática xunto a dous proxectos do arquitecto, ademais de pezas de mobiliario e outro prisma adicado ao ideario de Alejandro de la Sota.
Relacionadas:
-
Os arquitectos reflexionarán na Illa de Ons sobre a destrución do hábitat
Por Oskar Viéitez |
-
A pegada de Alejandro de la Sota, eixo dun roteiro de arquitectura en Pontevedra
Por Redacción |
-
Máis de 11.000 persoas achegáronse á figura de Alejandro de la Sota no Museo
Por Redacción |
-
O Teatro Principal réndese á figura de Alejandro de la Sota, un dos arquitectos "máis notables do século XX"
Por Redacción |
-
Unha exposición na rúa para coñecer a Alejandro de la Sota e a súa arquitectura de "pasarlo bien"
Por Diego Espiño |
-
A gran exposición antolóxica sobre Alejandro de la Sota amosa material inédito sobre a súa etapa pontevedresa
Por Mónica Patxot & Redacción |