O FICBUEU acada as 3.000 persoas durante a súa primeira fin de semana
Por Redacción
Case todas as actividades desta fin de semana no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) colgaban o cartel de "completo".
O show 'De Galicia a Hollywoodo' ou o monólogo de Carlos Blanco convertéronse no foco de maior atención durante esta primeira fin de semana deste undécimo festival, que entre outras propostas contou coa entrevista da xornalista de PontevedraViva Radio, Marisa Ciordia, á prestixiosa actriz Mabel Rivera. Durante o sábado e o domingo pasaron ao redor de 3.000 persoas polas distintas propostas do FICBUEU.
Na tarde deste luns continuaba a programación coa primeira sesión da Sección Panorama no Centro Social do Mar. Esta iniciativa continuará durante todas as tardes ata o vindeiro venres ofrecendo os mellores traballos internacionais que non entraron na Sección competitiva.
Para este martes está prevista a proxección de 'Douggy', 'Pépé ll morse', 'Crème de menthe' e 'The sound'. A entrada a estas sesións é libre e só é necesario retirar a invitación no despacho de billetes, a partir das 17.00 horas.
Ás 19.45 e ás 22.00 horas deste luns, o Centro Social do Mar acollerá pases idénticos da Sección Internacional. A entrada é de 2,50 euros. Este luns proxéctanse traballos franceses, iranianos e de Reino Unido. O martes proxectaranse películas de Taiwan, China e Irán-Italia.
Relacionadas:
-
Down Pontevedra Xuntos prepara unha curta de terror
Por Almu Dapena |
-
RADIO.- A playlist de... Seve Casalderrey: Máis de seis mil películas na súa retina
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Comezan os 'días curtos' co FIC Bueu 2018
Por Marisa Ciordia |
-
Bueu vai de tapas para acompañar o festival de curtas
Por Redacción |
-
Medio cento de actividades para unha ambiciosa edición do FICBUEU
Por Redacción |