Dez estudantes, guiados polo cineasta Eloy Enciso, recollerán en curtas a memoria e a imaxe do Lérez
Por Redacción
O cineasta Eloy Enciso será o encargado de orientar a dez novos estudantes do campus de Pontevedra para que realicen curtametraxes nos que o protagonismo será do río Lérez e de todo a súa paisaxe, ademais da memoria que se relaciona con esta contorna tan simbólica da cidade. Trátase dunha proposta que se inclúe dentro da programación do festival Novos Cinemas.
Este taller leva por título 'Un camiño posible' e os dez estudantes seleccionados de Ciencias Sociais e da Comunicación, así como de Belas Artes comezan este venres a actividade, que mantén a liña dos talleres coordinados en anos anteriores polos directores Lois Patiño e Oliver Laxe.
A proposta consiste en que os participantes busquen información sobre o río e a súa contorna para contar historias en que o Lérez teña relevancia. Eloy Enciso, un dos directores máis representativos do cinema galego actual, quere que o alumnado explore e leve a cabo a realización dos seus proxectos con poucos elementos para centrarse en conceptos cinematográficos básicos.
As pezas finais serán proxectadas no Teatro Principal de Pontevedra durante a celebración do festival Novos Cinemas, entre o 11 e o 16 de decembro. Durante os próximos días, a organización ten previsto abrir a convocatoria para formar parte do Xurado Novo desta edición do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra- Novos Cinemas.
Relacionadas:
-
Os Novos Cinemas incorporan a música á programación da súa terceira edición
Por Redacción |
-
Novos Cinemas estreará en Galicia a nova película de Elías León Siminiani
Por Redacción |
-
Carlos Quintela, Felipe Lage, Diana Santamaría e Mercedes Martínez Abarca, asesores do #LAB de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Flop Cinema crea alianzas co Cineclube de Pontevedra e os festivais Novos Cinemas e FIC Bueu
-
'Un camiño posible', un obradoiro cinematográfico polo río Lérez
Por Miguel Álvarez Fandiño |