Carlos Sadness actuará na Sala Karma en outubro
Por Redacción
Foi un dos artistas que formaron o cartel das pasadas Festas da Peregrina, compartindo xornada de concerto na Praza de España coa banda portuguesa The Gift, e apenas uns meses despois volverá a Pontevedra.
Carlos Sadness actuará o próximo mes de outubro na Sala Karma dentro do ciclo de concertos Escenarios Mahou.
O cantautor barcelonés estará de novo na Boa Vila o vindeiro venres 19 de outubro ás 21:30 horas.
As entradas para este concerto poden comprarse xa na web www.ticketmaster.es cun prezo de 14,50 euros + gastos.
Ademais de Carlos Sadness, este ciclo completarase con Depedro o 18 de outubro na sala Bunker da Coruña, Sidonie+Full na Sala Rouge de Vigo o 20 de outubro, Morgan+ Rufus T. Firefly en Sala Pantalán da Coruña o 25 de outubro, Viva Suecia+Ricardo Lezón na Sala Malatesta de Santiago o día 26 e Rayden na Sala Gatsby de Vigo o 27 de outubro.