Pontevedra súmase ás homenaxes a Roberto Vidal Bolaño no Día das Letras Galegas
Por Alejandro Espiño
Roberto Vidal Bolaño foi un dramaturgo fundamental na construción dun teatro nacional galego. Nado en Santiago de Compostela en 1950 e falecido na mesma cidade 52 anos despois, foi quen de renovar e actualizar tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. A el, dedícase este ano o Día das Letras Galegas. E como non podía ser doutro xeito, Pontevedra e os concellos da súa contorna súmanse a esta celebración.
PONTEVEDRA
- 20.00 horas (praza de Curros Enríquez): Acto popular en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. Recital Poético, actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da Asociación Sociocultural O Burgo e da Banda de Música de Pontevedra
- 20:30 horas (Teatro Principal): A Banda de Música de Salcedo ofrecerá un concerto baixo a batuta do seu director titular, o mestre José Alfredo Sánchez Murcia. Pontus Veteris de A. Montes ou Silleda, Pobo e Música de J. L. Diéguez, son algunhas das obras que compoñen o programa deste concerto conmemorativo do Día das Letras Galegas
MARIN
- 12.00 horas (Biblioteca municipal): A Asociación Queremos Galego Marín organiza Presentación de Dragal de Elena Gallego.
- 12.00 horas (Museo Manuel Torres): Entrega dos XVII premios de Poesía Infantil. Actuará o cuarteto de gaitas "Picuiña"
- 20.00 horas (Biblioteca municipal): Efecto Vidal Bolaño. Lectura dramatizada colectiva coa inestimable axuda do autor, actor e director teatral Zé Paredes.
POIO
- 11.00 horas (Peirao de Raxó): Carreira Popular pola Lingua. A inscrición será media hora antes do comezo da carreira. No mesmo lugar, unha vez rematada a quenda das categorías 1 e 2 da Carreira Popular, realizarase unha sesión de contacontos A cara dos contos.
- 17:30 horas (Centro cultural Xaime Illa Couto, Raxó): Charla-conferencia de María Canosa Blanco, articulista en La Voz de Galicia e experta en letras no concurso Cifras e Letras da TVG. Acto seguinte terá lugar a entrega de Premios do Concurso Literario Xaime Illa Couto, contando co xurado composto polos representantes das asociacións intengrantes do Consello Municipal de Cultura.
- 21:30 horas (Centro cultural Xaime Illa Couto, Raxó): Concerto do cantautor Xosé Constenla. O intérprete e compositor fará un repaso dos seus traballos e presentará os novos temas do seu próximo disco. O concerto terá unha entrada de 5 euros para o público en xeral, 3 para desempregados, nenos e nenas menores de 12 anos, universitarios e xubilados.
SANXENXO
- 18.00 horas (Casa Social Forestal As Canteiras): el Coro Parroquial San Esteban de Noalla, organiza del 5º Festival das Letras Galegas, que contará también con la Coral Santa Lucía de Dena, la Asociación Coral Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa, la Asociación Folclórica Retesías de Portonovo, el Grupo Folclórico Airiños da Lanzada, la Asociación Cultural Amigos do Acordeón Rías Baixas.
- 21.00 horas (Pazo Emilia Pardo Bazán): Concierto de la Banda de Música de Sanxenxo
MEIS
- 11.30 horas (Campo da Feira, Mosteiro): Festival das Letras para recordar a mesma data na que en 1963 Rosalía de Castro editou Cantares Galegos. Ata as 19:00 da tarde cun descanso para unha comida popular no mesmo espazo e con prezo único de 12 euros, reuniranse bandas de música, cantareiras, coros e grupos de teatro de Ribadumia ou música e canto de Vilagarcía, todo baixo a organización da Asociación Floklórica O Trevo, en colaboración co Concello de Meis
CAMBADOS
- 12.30 horas (Auditorio da Xuventude): Concerto das Letras Galegas a cargo da Banda de Música de Castrelo.
- 17.30 horas (Campo da Festa de Vilariño): II Encontro Cultural Vilariño 2013. Actuarán neste evento os grupos Danzantes de Cobas, Volandeira de Cambados, Con de Xido de Castrelo, Xironsa de Corvillón, Dorna da Illa de Arousa, Clave de Sol de Vilariño e Os Carballeiras, tamén de Vilariño.
Todos estes actos completaranse o sábado 18 de maio coa celebración en Pontevedra da Festa da Língua, un evento organizado pola Asociación Cultural A Revira, o Centro Social En Pé e o servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que reunirá unha unha serie de iniciativas diversas arredor do galego.
- 14:30 horas: Xantar Popular. Hai que inscribirse nos respectivos centros sociais ou no correo centrosocial@revira.org.
- 19:00 horas: Libros viaxeiros e recital poético na Praza da Verdura.
- 20:00 horas: Regueifa na Praza da Verdura.
- 21:00 horas: Foliada popular con chourizada no Centro Social En Pé