Comeza o VI Festival das Núbebes, artes escénicas para bebés e familias
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Achegar ao universo bebé o mellor das artes escénicas galegas e de fóra e formar aos profesionais que traballan a cotío cos máis pequenos, esa é a dobre vocación que guía o Festival das Núbebes, que comezou este venres.
O VI Festival das Núbebes desenvolverase os días 21, 22, 23, 29 e 30 de setembro en espazos espallados pola cidade. Nesta ocasión ás sedes habituais: Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, praza do Teucro súmanse dous espazos novos: o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) e a sede social do Casino Mercantil (praza Curros Enríquez).
Serán dúas fins de semana intensas na que haberá teatro, música, danza, obradoiros, animación de rúa, guerra de almofadas... un abano de actividades para gozar en familia dun lecer pensado para a cativada.
No Festival das Núbebes tamén hai cabida para a reflexións, nesta ocasión arredor da alimentación. O nutricionista Julio Basulto será o encargado de abrir o debate con dúas conferencias: Se me hace bola (11.30 horas, sábado 29) e Comemos lo que vemos en nuestros padres (16.15 horas, sábado 29)
As entradas para as actividades de pago están á venta en www.ticketea.com até agotar as localidades. As entradas para as actividades de balde só poden retirar mesmo día da función (un máximo de 4 por persoa e espectáculo) na billeteira do Teatro Principal cos seguintes horarios: 10.30 a 13.00 horas para as sesións de mañá e de 16.00 a 19.00 horas para os espectáculos da tarde.
Nesta sexta edición, o encontro incorpórase por vez primeira á listaxe de eventos subvencionados pola Xunta a través da convocatoria pública de axudas para festivais profesionais de artes escénicas. A Agadic achega 6.369 euros á organización deste evento, promovido polo Concello de Pontevedra.