Tres bandas pontevedresas, Qué Desilusión!, La4Pared e Malkeda, as máis votadas para sumarse ao SonRías Baixas
Por Alejandro Espiño
Quince bandas enfróntanse esta semana na fase final do I Concurso SonRías Baixas. Esta iniciativa, impulsada pola organización do festival para darlle unha oportunidade ás bandas emerxentes para que formasen parte do seu cartel, foi todo un éxito. Recibíronse máis de 12.000 votos a través da páxina de Facebook do Festival. A web da Radio Galega sumou outros 1.818 votos para as bandas con algunha canción en galego.
De entre as máis de 100 bandas que compiten no I Concurso SonRías Baixas (#SRB2013), cinco son as elixidas polo público para chegar á final do Premio SonRías Baixas: os pontevedreses Qué Desilusión! (con 665 votos), La4Pared (con 654) e Malkeda (con 651), os vigueses Fei (con 661) e os madrileños Ke+Da (con 655).
Completan a lista de finalistas do Premio do Festival, dotado con 1.000 euros e a posibilidade de actuar no escenario Troula na Banda, as cinco bandas elixidas polo xurado: os valencianos La Raíz, os vigueses La Banda de Andrelo, os barceloneses Itaca Band, as boirenses Agoraphobia e Skarallaos, de Culleredo (A Coruña).
De entre as formacións con cancións en galego, o público elixiu tamén a través da rede as finalistas para o Premio Son Radio Galega, dotado con 500 euros, a gravación dunha maqueta nos estudios da RG e a actuación nun programa da TVG. E entre elas, tamén unha banda pontevedresa foi a máis votada, Vortex, que conquistou 436 votos coa canción A miña luz. Xunto a eles competirán The Wayfarers (Serra de Outes), Arrhythmia (Lugo), Maskarpone (Ourense) e Skarallaos (Culleredo)
Dous xurados elixirán agora de entre as 15 finalistas as dúas bandas gañadoras. O xurado do Premio Son Radio Galega está composto por Gloria Ferreiro, xefa de programas da Radio Galega, e dous críticos musicais e o xurado do Festival, que elixirá a banda gañadora do Premio SonRías Baixas, estará composto por sete persoas, entre elas, Juan Carlos Cabano, líder de Boikot; Faber, produtor musical ou Víctor Cabaleiro, responsable da Sala Aturuxo. O resultado da súa deliberación darase a coñecer a vindeira semana.
Relacionadas:
-
¡Qué Desilusión! volve reunirse para ofrecer un concerto de despedida na Sala Karma
Por Redacción |
-
Vortex e as boirenses Agoraphobia tocarán no SonRías Baixas tras gañar o concurso convocado polo festival
Por Alejandro Espiño |
-
Os revolucionarios Boikot e a poesía rockeira de Rulo súmanse ao cartel do SonRías Baixas
Por Redacción |
-
Máis de 100 bandas emerxentes 'pelexarán' por lograr o favor do público e participar no SonRías Baixas
Por Alejandro Espiño |