Unha artista de Estonia ilustrará o cartel do XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción
Un traballo presentado pola artista estoniana Tiiu Kitsik é o gañador da segunda edición do Premio Internacional de Ilustración convocado polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra para elixir o cartel para a súa vixésima edición.
A súa proposta, escollida entre 115 traballos chegados de 25 países, será a imaxe da próxima edición deste evento cultural, que terá lugar no Pazo da Cultura e no Recinto Feiral de Pontevedra do 22 de marzo ao 12 de abril, baixo o lema A Revolución e que contará coa cultura lusófona como convidada.
O xurado destacou da ilustración gañadora a representación dunha revolución levada a cabo polo mundo das crianzas co libro como bandeira.
As propostas presentadas ao concurso viñeron de Corea, Finlandia, España, Colombia, Arxentina, Serbia, Perú, Cabo Verde Croacia, México, Eslovenia, Italia, Sri Lanka, Venezuela, Portugal, Brasil, Estonia, Letonia, Lituania, Holanda, Chile, India e Francia.
Pese a que a temática era máis complicada, sinalou o xurado, as achegas foron moi numerosas e a maior parte delas destacaban o poder que teñen os libros para revolucionar e transformar o mundo. É o caso da ilustración gañadora que representa a revolución como algo alegre.
Tiiu Kitsik, que recibirá ademais unha dotación económica de 3.000 euros, fora xa finalista neste mesmo certame o ano pasado.
Relacionadas:
-
A cultura lusófona invadirá a cidade durante a celebración dos 20 anos do Salón do Libro
Por Olaya Madrigal |
-
Orbil leva a revolución ao cole de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O calendario do Salón do Libro, escaparate da importancia da ilustración na literatura
Por Redacción |
-
A libraría Lello de Porto, testemuña do 'irmandamento' do Salón do Libro coa lusofonía
Por Alejandro Espiño |
-
A ilustradora Ana Juan, colaboradora de The New Yorker, será unha das grandes apostas culturais do 2019
Por Anxo Lourido |
-
Orbil sae de xira polas parroquias para presentar o próximo Salón do Libro
Por Redacción |
-
A revolución, eixo central da vindeira edición do Salón do Libro no seu vixésimo aniversario
Por Paula Sanmartín & Anxo Lourido |
-
O Salón do Libro pecha as portas tras acoller a máis de 30.000 persoas
Por Mónica Patxot & Redacción |