O Museo expón por primeira vez en España a obra do polifacético Francisco José de Caldas
Por Redacción & Mónica Patxot
O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolle ata o 18 de novembro a mostra 'Francisco José de Caldas, el Gallego das ciencias en Colombia e Ecuador', que inclúe 57 obras orixinais de Francisco José de Caldas, entre as que destacan 15 inéditas que foron localizadas no transcurso das investigacións da propia exposición.
Trátase da primera exposición dedicada a Francisco José de Caldas en el Estado español e coincide coa conmemoración do 250 aniversario do seu nacemento.
A mostra inaugurouse este mércores no Sexto Edificio coa presenza do seu comisario, Xavier Ballbé, o director do Museo, Carlos Valle, o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, e o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal.
A inauguración contou coa presenza dunha ampla delegación de académicos e investigadores colombianos, encabezada polo presidente da Academia Colombiana de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, Enrique Forero, que tamén asistía en representación do Ministerio de Cultura de Colombia y Colciencias.
A exposición presenta diversas facetas de Francisco José de Caldas: a súa paixón pola observación, medición e estudo da natureza e do territorio, a súa habilidade como tecnólogo e enxeñeiro e como inventor (hipsometría), a súa vertente de astrónomo (dirixiu o primeiro observatorio astronómico de América, o de Bogotá), a súa faceta de botánico (participou de forma destacada na Expedición Botánica ao Nuevo Reino de Granada dirixida por José Celestino Mutis), a parte de xeógrafo (cartografou boa parte de Colombia e Ecuador), a súa carreira como periodista científico (dirixiu o Semanario del Nuevo Reino de Granada, unha das primeiras revistas de divulgación científica de América), e tamén o seu papel como membro destacado no proceso de independencia de Colombia en 1810, polo que acabaría sendo fusilado en 1816, aos 48 años.
Na exposición preséntanse 57 obras orixinais de Francisco José de Caldas cedidas polo Centro Geográfico del Ejército, o Real Instituto y Observatorio de la Armada de San Fernando (Cádiz), e o Real Jardín Botánico de Madrid (CSIC). A maioría delas preséntanse por primeira vez en público. Principalmente trátase de mapas e perfís fitoxeográficos de Colombia e Ecuador, así como debuxos botánicos ou instrumentos de observación astronómica de finais do século XVIII.
Con motivo da preparación desta exposición localizáronse en diversos arquivos españois máis de 40 documentos inéditos de Francisco José de Caldas, o maior descubrimento de obras orixinais das últimas décadas, de gran importancia pola diversidade das temáticas tratadas e pola calidade das súas realizacións. Destacan especialmente os traballos cartográficos de diversas zonas da actual Colombia, diversos tramos do río Magdalena e algunhas vías de comunicación proxectadas polo propio Francisco José de Caldas.
Entre estas obras inéditas localizadas, atópase o mapa de maior dimensión e de maior calidade de Francisco José de Caldas coñecido ata agora, que representa o centro de Colombia ao norte da cidade de Bogotá, e o debuxo orixinal da nivelación de diferentes cultivos entre Bogotá e Quito, que, segundo algúns investigadores, sería o primeiro perfil fitoxeográfico a nivel mundial.
Ballbé destacou que se trata dunha exposición "de vital importancia" para dar a coñecer en Galicia un gran científico recoñecido pola Unesco que, ademais, está suscitando un enorme interese entre a comunidade científica colombiana polo descubrimento dun gran número de traballos inéditos de Francisco José de Caldas, que constitúen un gran patrimonio cultural para Colombia e Ecuador.