Carlos Sadness enche a Sala Karma co seus "Diferentes tipos de luz"
Por Redacción
O artista catalán Carlos Sadness demostrou en Pontevedra por que, a día de hoxe, é un dos músicos máis seguidos do panorama musical indie en España. Co cartel de "non hai entradas" colgado desde hai semanas, fixo vibrar ao público que enchía a Sala Karma.
O seu concerto, enmarcado no ciclo Escenarios Mahou, serviu para que, apenas dous meses despois de actuar nas Festas da Peregrina, Carlos Sadness regresase a Pontevedra para presentar en directo o seu novo traballo discográfico, Diferentes tipos de luz.
Ademais, Sadness compartiu co público os grandes éxitos da súa traxectoria musical.
Entre os temas que interpretou sobre o escenario da Sala Karma houbo un elixido polos espectadores. A "canción do público" que escolleu a xente a través dos seus votos foi Semitransparente, que Carlos Sadness interpretou durante o seu espectáculo.
Antes do concerto, nove afortunados participaron nun encontro co artista, no que puideron compartir con el, dentro da sala pontevedresa, as súas experiencias e impresións.