A música tecnopop de Joe Crepúsculo soará este xoves na Sala Karma
Por Redacción
A Sala Karma acollerá este xoves 25 de outubro, a partir das dez da noite, o concerto no que Joe Crepúsculo, unha das referencias da música tecnopop española, repasará os seus dez anos de traxectoria artística.
Para o artista será un concerto para lembrar toda unha década de hits que lle converteron nun trobador tecno imparable e libre de etiquetas, a ritmo dun baile irracional e acompañado da mellor emoción eléctrica.
Joe Crepúsculo acaba de publicar o seu novo disco 10, onde repasa unha carreira que iniciou en 2008, remasterizando de novo as súas cancións máis coñecidas e incluíndo varios temas inéditos.
O artista é un dos personaxes máis particulares e creativos do país. Antes con Tarántula -nome da súa primeira banda- e, desde 2008, en solitario, este catalán afincado en Madrid é, desde logo, un músico inquieto cunha proposta fortemente promiscua.
Porque Joël Iriarte incorpora ao seu persoal son todo o que se vaia atopando polo camiño, sen ningún tipo de prexuízo e sempre guiado por unha intuición musical inédita na música en español, que lle permite reinventarse unha e outra vez sen perder a súa autenticidade.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de oito euros por anticipado e dez en despacho de billetes. Pódense adquirir en Eventbrite, El Pequeño e Bullit Store.