Novos Cinemas estreará en Galicia a nova película de Elías León Siminiani

Por Redacción
Apuntes para una película de atracos, o último filme do cineasta Elías León Siminiani, será a protagonista da sesión inaugural da terceira edición de Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 11 e o 16 de decembro.
A proxección será a antesala da súa chegada ás salas de cine galegas. Ademais, o director ofrecerá unha clase maxistral gratuíta, o mércores 12 na Casa das Campás, para debullar o proceso de rodaxe dun filme así.
Na súa nova película, Siminiani conta a historia de Elías, un director de cine que soñaba con facer unha película de atracos. Tras a detención de "O Robin Hood de Vallecas", o líder de "la banda de las alcantarillas", sinte que atopou a súa historia e mándalle unha carta ao cárcere. Contra todo prognóstico, Elías recibe resposta: o Robin Hood acepta que vaia a visitalo.
Elías León Siminiani, que acadou con este filme o Premio Abycine Indie 2018 e estivo presente en festivais como San Sebastián ou a Seminci, conta cunha longa traxectoria, especialmente nos ámbitos das curtametraxes ou dos microdocumentais.
Pola súa banda, a clausura do festival será coa proxección de Hamada, o último filme do director galego Eloy Domínguez Serén, rodado entre Suecia Noruega e Alemaña e que vén de estrearse mundialmente no IDFA 2018.
Con tintes de humor e situacións inesperadas, a película perfila un inusual retrato dun grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados no medio do deserto do Sáhara. Un campo minado e o segundo muro militar máis grande do mundo separa a estes amigos da súa terra natal, da que só oíron falar nas historias que lles contan os seus pais.
Domínguez Serén, antes de debutar como cineasta, traballou como crítico de cinema. En 2012 mudouse a Suecia onde comezou a súa carreira cinematográfica con varias curtametraxes ou a película No Cow On The Ice (2015), que foi premiada en múltiples festivais.
Relacionadas:
-
Luces, cámara... acción! Comeza Novos Cinemas
Por Redacción |
-
A terceira edición de Novos Cinemas contará con 15 películas nas súas seccións competitivas
Por Redacción |
-
Os Novos Cinemas incorporan a música á programación da súa terceira edición
Por Redacción |
-
As máis importantes produtoras españolas seleccionarán proxectos audiovisuais no Pazo da Cultura
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Dez estudantes, guiados polo cineasta Eloy Enciso, recollerán en curtas a memoria e a imaxe do Lérez
Por Redacción |
-
Carlos Quintela, Felipe Lage, Diana Santamaría e Mercedes Martínez Abarca, asesores do #LAB de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Aberta a inscrición de obras para a Edición 03 de Novos Cinemas
Por Miguel Álvarez Fandiño |
-
Un decembro de cine co Festival Internacional de Cinema de Pontevedra