Os Novos Cinemas incorporan a música a programación da súa terceira edición

Por Redacción
O festival Novos Cinemas encherá Pontevedra tamén de música. Así, a súa terceira edición, que se celebrará entre os días 11 e 16 de decembro, ofrecerá unha programación musical especial baixo o nome de #Noites. É unha iniciativa na que participa a Sala Karma.
A música comezará o mércores 12 para quecer motores cunha pinchada do Galician Bizarre, que se repetirá na Sala Karma ao día seguinte -xoves 13- xunto ao concerto de Selvática, banda que inundará a sala co seu post-punk castizo, aromas de selva escura e pop etéreo. Finalizarán a noite Lúa Zalamera e Arturo Delgado Pinchadiscos.
O venres 14 será a quenda das bandas locais cos directos do garage de Pantano, Trompas de Farlopio e o rock, a actitude desafiante e as letras glam de Glitter & Litter. Aos pratos contarase con M. Lewinsky e Diego de la Church.
Xa de cara ao peche do festival, o sábado 15 a música comezará dende a mañá nunha sesión vermú na Casa da Luz na que se presentará o proxecto Galician Bizarre III e todos os asistentes poderán gozar do pop alegre e a naturalidade da música de Esposa.
Para rematar o día haberá o noise rock, punk e psicodelia de Disco Las Palmeras!, a escuridade post-tropicalista de Rayotaser e as pinchadas de Sr. Fiuza e JT DJ.
Relacionadas:
-
Luces, cámara... acción! Comeza Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Novos Cinemas apúntase ás datas previas ao Nadal para ofrecer as películas máis alternativas
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A terceira edición de Novos Cinemas contará con 15 películas nas súas seccións competitivas
Por Redacción |
-
Novos Cinemas estreará en Galicia a nova película de Elías León Siminiani
Por Redacción |
-
Dez estudantes, guiados polo cineasta Eloy Enciso, recollerán en curtas a memoria e a imaxe do Lérez
Por Redacción |
-
Carlos Quintela, Felipe Lage, Diana Santamaría e Mercedes Martínez Abarca, asesores do #LAB de Novos Cinemas
Por Redacción |