A Julieta Venegas gústalle o Albariño: actuará en Cambados o 3 de agosto
Por Alejandro Espiño
ÿ unha das artistas latinoamericanas máis exitosas. Os seus concertos en Galicia foron moi escasos, pero tras participar o verán pasado no festival portAmérica, parece que Julieta Venegas colleulle o gusto ás terras galegas. A cantante mexicana será un dos grandes atractivos do cartel da próxima Festa do Albariño. Actuará en Cambados, no marco dunha ampla xira mundial, o sábado 3 de agosto.
Presentará o seu novo traballo discográfico, Los momentos (Sony Music, 2013), lanzado hai apenas un par de meses. Trátase dun disco no que a artista mexicana parece escribir e interpretado a música que ela sente, do xeito que a sente, case sen pensar no que dirán. Unha especie de capricho que só poden darse os artistas consagrados.
En Los momentos hai de todo: pianos, violíns, baterías electrónicas, coros de nenos, percusións africanas, sintetizadores, acordeñons. Unha combinación coa que Julieta xa xogara en Otra cosa, o seu traballo anterior. Está composto e gravado íntegramente no novo estudo de Julieta. "A verdade é que decidín facelo no estudo moito antes de empezar a escribilo, creo que desde que estaba de xira e embarazada. Foi moi importante, porque o escribín e graveino no mesmo lugar, que é como a miña segunda casa", explica ela.
Los momentos, continúa Julieta Venegas, "é un disco que necesitaba facer, en todo sentido, polas historias que conto, cara a onde as levamos musicalmente... Algo cambiou en min, algo me pedía outros sons, outras historias, outra dirección, e á vez pedíame comunicarme, que é unha gran razón para escribir: o desafogo... Pero tamén o poder conectar cos demais".
O concerto de Cambados enmárcase nunha xira europea na que, de momento, hai outras nove datas, seis delas en España: Zaragoza, Cartagena, Lloret de Mar, Gijón, Santander e San Sebastián.