Raquel Barbosa triunfa na pasarela Debut, un espectáculo de creatividade e cor
Por Redacción
Unha vez máis, Debut converteuse nunha mostra de novas tendencias e nun espectáculo creativo e de cor. Máis dun milleiro de persoas dábanse cita este xoves no Recinto Feiral do Pazo da Cultura para seguir a pasarela organizada pola escola de moda Esdemga, do campus universitario.
Ao longo da noite, o público puido gozar dos estilos de 52 coleccións realizadas polos estudantes e 15 proxectos fin de estudo. Entre eles, o xurado destacou o traballo presentado por Raquel Barbosa, que ofrecía unha colección baixo o título 'Who killed those two files and why?', baseado nas obsesións do xenial xogador de xadrez Bobby Fischer.
O segundo premio Aquelarre foi para o proxecto de María Cores e o xurado outorgou un accésit á colección de Ana Micaela Fernández titulada 'Los renglones torcidos de Dios'.
Entre as pezas artísticas que se mostraron na pasarela atopábanse, por primeira vez en Debut, traballos realizados pola primeira promoción do máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda. A directora de Esdemga, Lola Dopico, mostraba a súa satisfacción polos traballos presentados como froito do esforzo realizado durante todo o proceso creativo do alumnado, segundo recolle o DUVI.
Á pasarela asistiron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, ademais de diferentes representantes da Universidade de Vigo.
Este venres desenvolveranse as xornadas técnicas de Recursos Humanos coa conferencia de Ana Salán del Río, representante de Inditex, que falará sobre a entrevista como oportunidade no mercado laboral destes creadores.
Relacionadas:
-
A escola de moda de Pontevedra é única representante española na Graduate Fashion Week
Por Redacción |
-
Melania Freire, un novo talento da Esdemga que triunfa na Fashion Week Madrid
Por Redacción |
-
Un proxecto creado no Esdemga participará no Ego da Madrid Fashion Week
Por Redacción |
-
O alumnado de Esdemga prepárase para a pasarela 'Debut'
Por Redacción |
-
Máis de 50 estudantes de Esdemga presentarán as súas coleccións na pasarela Debut 2018
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A pasarela Debut busca modelos para a súa duodécima edición
Por Redacción |
-
A Esdemga, única escola española na Graduate Fashion Week de Londres
Por Redacción |