Non é habitual estar disposto a falar das debilidades e fortalezas propias. Santi Araújo faino 'a tumba aberta' nesta Playlist. Como na que se deixou morrer un 25 de agosto e na que escoitou palabras que só el e os seus interlocutores saben. O resto hase de conformar coas imaxes dese vídeo promocional do tema 'Vencejos' que forma parte do seu primeiro EP en solitario 'Catedral'.
Pasou parte da súa infancia en Ponteareas, de onde era a súa avoa Maruja, poetisa. Transitou tamén por Santiago; e máis adiante por Pontevedra e Vigo. Logo chegaría México onde fixo a súa particular travesía do deserto valéndose ademais dos podcast aos que titulou 'Santi quere estar ben'. Actualmente reside en Pontevedra. Traballou para compañías de teatro, como cociñeiro, teleoperador e en produción audiovisual.
Un profesor de Filosofía no instituto foi o seu cicerone musical e di que ten pendente agradecer esa aprendizaxe entregándolle o seu CD e o seu vinilo. Conta tamén neste programa de PontevedraViva Radio que ten mala memoria para as cousas importantes, que só lembra vaguedades; e cando lle asalta a dúbida entre o facer ou non facer, sempre queda coa primeira opción.
'Catedral' é un EP con cinco cancións que Santi Araújo resume en "as miñas movidas". Por certo que na súa Playlist non soa Narf, pero está na súa engrenaxe musical. 'Vencejos', amáis dunha das súas cancións son unhas aves que voan de forma ininterrompida durante dez meses.
Ao parecer, as crías abandonan o niño súbitamente un día e xa non regresan a el xamais. Propoño cambiar a palabra niño, por medos ou ansiedade.