Prepárate para cantar ben as panxoliñas este Nadal
Por Redacción
Aquelas persoas que queiran cantar este Nadal con fundamento contan cunha oportunidade única a través da actividade que pon en marcha a asociación Maravallada, apoiada polo Concello de Pontevedra.
Este colectivo organiza unha "quedada" para cantar panxoliñas galegas. Os ensaios van desenvolverse no local social do Gorgullón os mércores 12 e 19 de decembro. Poden participar, de maneira gratuíta, persoas de todas as idades cun só requisito, que teñan ganas de interpretar as populares cancións de Nadal galegas.
Os ensaios comezarán a partir das 21.00 horas baixo a dirección de Anxo Xesteira. O venres 21 de decembro, os participantes poderán demostrar a súa habilidade cantora nos bares Carolo e Americano, a partir das 20.00 horas.